Posts Tagged Dereito penitenciario

Tese de Sara Carou García

Wednesday, January 20th, 2016

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

De esq. a dta.: Sara Carou, Patricia Faraldo, Norberto De la Mata, Carmen Juanatey

[GAL] O luns 11 de xeneiro a Facultade de Dereito da Coruña acolleu a leitura e defensa da tese doutoral de Sara Carou García, titulada “El régimen penitenciario cerrado. Análisis de la regulación del régimen penitenciario cerrado en el ordenamiento jurídico español a la luz de los principios básicos que deben informar el Derecho Penitenciario recogidos en la Constitución y en la Ley Orgánica General Penitenciaria“, supervisada polo Dr. José Ángel Brandariz García, membro do ECRIM.

A tese foi avaliada por unha comisión composta polos profesores Dr. Norberto De la Mata Barranco, catedrático de Dereito penal da Universidade do País Vasco, Drª. Patricia Faraldo Cabana, catedrática de Dereito penal da Universidade da Coruña e Drª. Carmen Juanatey Dorado, catedrática de Dereito penal da Universidade de Alacante. A comisión, tras o acto de defensa, outorgou á tese a máxima cualificación de Sobresaliente Cum Laude por unanimidade.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

De esq. a dta.: Sara Carou, Patricia Faraldo, Norberto De la Mata, Carmen Juanatey

Penas e medidas privativas de liberdade no Brasil: Ponencias de Salo de Carvalho e Mariana Weigert

Tuesday, February 18th, 2014

IMG_2183

De esq. a dta.: Beatriz Cruz, Salo de Carvalho

[GAL] O luns 17 de febreiro a Facultade de Dereito da Coruña acolleu senllas ponencias sobre a situación penitenciaria en Brasil, organizadas polo ECRIM no marco do traballo de Dereito penitenciario.

En primeiro lugar, Salo de Carvalho, profesor da Universidade Federal de Rio Grande do Sul e da Universidade Federal de Santa Maria (Rio Grande do Sul, Brasil), presentou unha ponencia sobre “Aplicación y ejecución de las penas privativas de libertad y restrictivas de derechos en Brasil“. Nela, o profesor gaucho analizou a situación penitenciaria en Brasil, así como os seus principais problemas desde unha perspectiva de dignidade e dereitos humanos das persoas presas.

En segundo lugar, Mariana Weigert, profesora da UniRitter (Rio Grande do Sul, Brasil), presentou unha ponencia sobre “Aplicación y ejecución de las medidas de seguridad de internamiento y tratamiento ambulatorio en Brasil“, na que disertou sobre os problemas de aplicación, límites e lexitimidade desas medidas de seguridade, en especial da de internamento psiquiátrico para inculpables.

IMG_2191

Mariana Weigert