DSC00825

José Manuel Tenreiro

O venres 15 de febreiro tivo lugar na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña a leitura e defensa da tese doutoral de José Manuel Tenreiro Martínez, dirixida polo investigador do ECRIM, José Ángel Brandariz García.

A tese de José Manuel Tenreiro, coa que obtivo o grao de Doutor en Dereito pola UDC, versou sobre “La sanción penal de trabajos en beneficio de la comunidad“. A tese foi defendida ante un tribunal presidido polo Prof. Carlos Martínez-Buján Pérez (ECRIM, Universidade da Coruña), e integrado polos Profs. Patricia Faraldo Cabana (ECRIM, Universidade da Coruña), Pedro Nunes Caeiro (Universidade de Coimbra, Portugal), Elena Núñez Castaño (Universidade de Sevilla) e Eduardo Ramón Ribas (Universidade das Illas Baleares). Tras o acto de leitura, o tribunal cualificou a tese como apto cum laude por unanimidade.

DSC00828

De esqda. a dta.: Elena Núñez, Patricia Faraldo, Carlos Martínez-Buján, Pedro Caeiro, Eduardo Ramón