Cristina Fernández-Bessa

Xulio Ferreiro Baamonde é Profesor Titular de Dereito Procesual na Universidade da Coruña dende 2012. Foi tamén Maxistrado (s) da Audiencia Provincial de Lugo entre 2012 e 2015 e alcalde da Coruña entre 2015 e 2019. Entre os temas abordados nas súas investigación salientan a arbitraxe, a mediación, a reforma do proceso penal, a acción popular, a cooperación xudicial, a organización xurisdicional española, a violencia de xénero, os dereitos das vítimas de delitos, a ilegalización de partidos políticos e o proceso de execución, entre outros.

O Profesor Ferreiro imparte actualmente a súa docencia na Universidade da Coruña, tanto nos estudos de grao en Dereito da Universidade da Coruña, onde participa no programa de docencia en inglés, como no Mestrado de Acceso á Avogacía e coordina o Programa de Doutorado en Dereito.

Descargar C.V.