María-Ángeles Fuentes-Loureiro é doutora en Dereito pola Universidade da Coruña, onde realizou a súa tese sobre delincuencia ambiental vencellada cos residuos. Na súa traxectoria investigadora destaca o estudo dos delitos contra o medio ambiente e cuestións de Green Criminology, xunto con outras liñas de investigación, como a protección animal ou a corrupción no eido ambiental, urbanístico e da contratación pública. Levou a cabo estadías de investigación na School of Justice da Queensland University of Technology, en Brisbane, Australia, de setembro a decembro de 2016, e no Instituto Max Planck de Dereito Penal Internacional e Comparado de Freiburg, Alemaña, de setembro a decembro de 2017. Ten presentado os seus traballos en máis dunha vintena de congresos de ámbito internacional e nacional, e ten publicado diversos capítulos de libro, informes científicos e artigos de revista en España, Italia e Estados Unidos.

Descargar C.V.