Cristina Fernández-Bessa

José Ángel Brandariz é profesor titular de dereito penal e criminoloxía da Universidade da Coruña. É editor asociado do European Journal of Criminology e foi membro do consello de dirección da European Society of Criminology (2016-2019). En 25 anos de carreira académica, publicou uns vinte libros e 150 artigos e capítulos de libro e impartiu conferencias e cursos nuns vinte países europeos e americanos, en materias de dereito penal, política criminal, criminoloxía y penoloxía. Xunto a iso, foi profesor e investigador visitante nas universidades Arturo Prat (Chile), Bolonia (Italia), Bos Aires (Arxentina), Coimbra (Portugal), Chicago (EEUU), Freiburg (Alemaña), Luigi Bocconi (Italia), Northern Arizona (EEUU), e Pompeu Fabra (España), entre outras. Nos últimos anos, o Prof. Brandariz centrou a súa investigación en cuestións como a relación entre inmigración e penalidade, a economía política da pena e a penalidade xerencial.

Descargar C.V.