Cristina Fernández-Bessa

Eduardo Ramon Ribas é Catedrático de Dereito Penal da UIB, alén de ex Maxistrado Suplente da Audiencia Provincial das Illas Baleares (1999-2013). Licenciado en Dereito pola Universitat de lles Illes Balears (1993), é Especialista Universitario en Criminoloxía (1992-1994) e en Dereito Penal e Ciencias Penais (1998-2000), e Doutor en Dereito Público (1999, Premio Extraordinario de Doutoramento de Dereito Público correspondente ao bienio 1999-2000). Entre as súas publicacións figuran numerosos capítulos de libros e artigos científicos, diversos materiais docentes e sete monografías, seis delas como autor único: El delito de lesiones al feto ( Comares, 2002); Violencia de Género y Violencia Doméstica (Tirant lo Blanch, 2008); La persona jurídica en el Derecho Penal (Comares, 2009); Minoría de Edad, Sexo y Derecho Penal (Aranzadi, 2013), Detenciones ilegales practicadas por funcionario público (Tirant lo Blanch, 2019) e Desobediencia, Estado de alarma e Covid-19 (Tirant lo Blanch, 2020). En total, máis dun centenar de publicacións. Alén destes 7 libros publicou outros 4 libros, inicialmente dirixidos a ser exclusivamente materiais docentes e froito do traballo docente e investigador de varios anos, en Open Ware Course UIB. Outras 4 publicacións en OWC teñen esencialmente carácter investigador, incorporando contidos novos ou innovadores, con análise dogmática e científico. Son as seguintes: Derecho Penal y Derechos Fundamentales (2008, 125 páxs.); Garantías Constitucionales y Derecho Penal (2013, 244 páxs.); Criminología (2014, 280 páxs.); e Derecho Penal Económico (2014, 372 páxinas).