Cristina Fernández-Bessa

Cristina Fernández-Bessa é investigadora pos-doutoral (Juan de la Cierva-Incorporacion 2018) e profesora da Área de Dereito Penal da Universidade da Coruña. Previamente foi profesora asociada na Universitat Pompeu Fabra e na Universitat de Barcelona (UB) e colaboradora na Universitat Oberta de Catalunya, onde impartiu docencia nos graos de Criminoloxía e no Mestrado de Criminoloxía, Política criminal e Socioloxía xurídico-penal. Foi consultora de políticas públicas sobre dereitos humanos e cidadanía para a administración pública local, membro del Grupo de investigación consolidado Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans da UB e investigadora del Grupo Antígona (Dereito e Sociedade con perspectiva de xénero) da Universitat Autònoma de Barcelona. Realizou estadías de investigación en universidades de Estados Unidos, Arxentina, Holanda e Italia. É editora e coautora de 6 libros, e publicou 15 artigos científicos en revistas e 21 capítulos de libro. Participou en 9 proxectos de investigación competitivos (7 europeos) e en 7 contratos e convenios e presentou o seu traballo en máis de 115 conferencias, seminarios e workshops nacionais e internacionais no eido da criminoloxía, do dereito e a sociedade e da inmigración. É representante española no consello de dirección da acción -CA17102-Police Stops da axencia COST-European Cooperation in Science and Technology.

Descargar C.V.