Cristina Fernández-Bessa

Adela Reig Botella é profesora doutora na área de Psicoloxía Social, pertencente ao Departamento de Psicoloxía, na Universidade da Coruña, España. Desde o ano 2010, publicou diferentes libros, capítulos de libros, artigos en prestixiosas revistas científicas. Obtivo bolsas pos doutorais, e realizou estadías de investigación en países como Perú, Holanda, Portugal, Bélxica, Polonia. Codirixiu Teses Doutorais e asistiu e presentou comunicacións en congresos, tanto nacionais como internacionais. Realizou Investigacións que relacionan o mundo do traballo coa Psicoloxía, como consecuencia de diversos proxectos de investigación. Actualmente, unha das liñas de investigación trata aspectos como o benestar emocional nos centros de traballo, organizacións saudables, xénero, conciliación vida familiar e laboral, todos eles referentes ao campo da Saúde Laboral, concretamente na área da Psicosocioloxía.