O 1 de decembro o ECRIM organizou na Facultade de Dereito un seminario internacional de aproximación á mediación penal desde unha perspectiva comparada. O seminario foi introducido polas ponencias dos profesores Fernando Vázquez-Portomeñe (Universidade de Santiago de Compostela, España) e André Leite (Universidade do Porto, Portugal), que fixeron unha análise da mediación penal no contexto europeo, cunha especial atención á situación en España e Portugal, respectivamente.