Durante o mes de xaneiro, o ECRIM convidou a dous ponentes externos para participar no desenvolvemento do Mestrado Oficial en Migracións Internacionais da Universidade da Coruña, en concreto na asigantura “Dereito das migracións“, que se coordina desde este equipo de investigación.

 

Cristina Fernández

En primeiro lugar, o 11 de xaneiro contouse coa presenza de Cristina Fernández Bessa, investigadora do Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la Universitat de Barcelona, e da Universitat Oberta de Catalunya, que fixo unha ponencia sobre “La gestión de las migraciones en el contexto europeo“, identificando os elementos centrais das políticas europeas de xestión de fronteiras e control das migracións irregulares.

 

Miguel Fernández

En segundo lugar, o 17 de xaneiro a asignatura de Dereito das migracións contou coa presenza de Miguel Fernández Blanco, portavoz do Foro Galego da Inmigración, quen desenvolveu unha ponencia sobre “Situación e dereitos das persoas migrantes residentes en Galicia“. O ponente achegou ao Mestrado o seu fondo coñecemento da situación das persoas migrantes, analizando con especial detenimento as consecuencias que ten xerado para elas a crise económica.

Deste xeito, ambos ponentes permitiron complementar o traballo académico que o ECRIM desenvolve no Mestrado en Migracions Internacionais coa densidade da aproximación á materia que permite a incorporación de persoas que viven a situación dos migrantes desde o seu contacto e traballo cotián.