O candidato, José Antonio Ramos (fila superior, no centro), xunto cos membros do tribunal.

 

[GAL] O membro do ECRIM, José Antonio Ramos Vázquez, vén de gañar un concurso para a provisión dunha praza de profesor titular de Dereito penal na Universidade da Coruña. Nun concurso público celebrado de xeito remoto o 15 de setembro, o candidato habilitado Prof. Dr. José Antonio Ramos Vázquez recibiu o voto unánime do tribunal xulgador, presidido polo Prof. Dr. Carlos Martínez-Buján Pérez (Universidade da Coruña) e integrado pola Profª. Drª. Inma Valeije Álvarez (Universidade de Vigo) e polos Profs. Drs. Patricia Faraldo Cabana, José Ángel Brandariz e Luz Mª. Puente Aba, todos eles da Universidade da Coruña.