[GAL] O 13 de decembro a Facultade de Dereito da Coruña acolleu unha Mesa redonda sobre a Lei de garantía integral da liberdade sexual organizada por ECRIM. Na mesa de debate participaron Patricia Faraldo, catedrática de dereito penal da UDC (ECRIM) e asesora intervinte na preparación da Lei, Fernando Alañón, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e Javier Rey, fiscal xefe da Fiscalía da Coruña. As tres persoas intervintes debatiron diversas aspectos da Lei Orgánica 10/2022, sinaladamente a nova regulación do consentemento en materia de delitos contra a liberdade sexual e a problemática da aplicación retroactiva da lei penal máis favorable.

De esq. a dta.: Patricia Faraldo, Xulio Ferreiro, Fernando Alañón, Javier Rey