[GAL] A investigadora Tânia Silva, estudante predoutoral de Dereito penal da Universidade de Coimbra (Portugal) vén de facer unha breve estadía de investigación na Facultade de Dereito da Coruña, apoiada polo ECRIM. A investigadora portuguesa estivo na nosa facultade do 23 ao 27 de xaneiro, no marco do seu traballo de investigación sobre a organización de viaxes con fins de turismo sexual con menores.