[GAL] Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Dereito da Coruña acolleu o Congreso Internacional Aplicacións da intelixencia artificial na xustiza penal, no que participaron unha trintena de investigadoras e investigadores de Brasil, Chile, España e Portugal. O congreso estivo organizado conxuntamente por ECRIM e polo Instituto de Direito Penal Económico e Europeu da Universidad de Coimbra (Portugal), baixo a dirección académica de Cristina Fernández Bessa e Ana Neira (ECRIM).

De esq. a dta.: Amara García Adán, Xulio Ferreiro, Cristina Fernández Bessa

Tras a inauguración a cargo das coordinadoras e do decano da Facultade de Dereito (Xulio Ferreiro), a primeira tarde do congreso (xoves, 10 de novembro) comezou cunha ponencia convidada de Antonio Andrés Pueyo (Universidade de Barcelona), quen disertou de forma remota sobre “Diferencia entre instrumentos actuariales e instrumentos basados en inteligencia artificial (IA)“.

De esq. a dta.: Augusto Jobim do Amaral, José Ángel Brandariz, Verónica Bolón

Con posterioridade, tivo lugar o panel titulado Características técnicas da IA utilizada para a investigación policial e a administración de xustiza, no que interviron Verónica Bolón (Universidade da Coruña) falando de “Algoritmos de inteligencia artificial y su explicabilidad” e Augusto Jobim do Amaral (Pontifícia Universidade Católica de Rio Grande do Sul), presentando o seu traballo “Mathwashing e Justiça Criminal: os códigos da IA no século XXI“. Posteriormente tomou a palabra de xeito remoto Roberto Navarro-Dolmestch (Universidade Autónoma de Chile) para presentar a súa comunicación “Web scraping y big data como técnicas de investigación de delitos en el proceso penal chileno: el ciber rastreo analítico“.

Andrea Bravo

No panel de comunicacións que pechou a primeira xornada do Congreso participaron investigadoras e investigadores de universidades españolas e portuguesas: Andrea Bravo (Universidade Autónoma de Madrid), quen intervíu sobre “Justicia algorítmica. Un enfoque sociotecnológico“; Guilherme Wrobel Duarte (Universidade de Coimbra), quen xunto con Fernando Dias Duarte preparou o traballo “O uso da inteligência artificial na prevenção e combate ao branqueamento de capitais“; María Ángeles Catalina (Universidade de Santiago de Compostela), quen disertou sobre “El uso de la IA para identificar pasajeros sospechosos“; e Nídia Moreira (Universidade Católica Portuguesa), presentando o seu traballo “Sistema preditivo para a determinação da medida da pena – um caderno de encargos repartido entre o jurídico e o tecnológico“.

De esq. a dta.: Ana Neira, Silvia Barona

A segunda xornada do congreso (venres, 11 de novembro) comezou coa intervención plenaria a cargo de Silvia Barona (Universitat de València), quen debatíu sobre “Sistemas algorítmicos en la prevención e investigación policial. Su incidencia en la decisión judicial“.

De esq. a dta.: Manuel Valente, David Soto, Jordi Nieva. Sónia Fidalgo participa de xeito remoto

Á intervención de Silvia Barona seguiu un panel centrado na materia “A IA aplicada á investigación policial“. O panel reuníu as presentacións de tres investigadoras e investigadores. Jordi Nieva (Universitat de Barcelona), analizou a materia “Inteligencia artificial y diligencias policiales: ¿valor probatorio?“; Sónia Fidalgo (Universidade de Coimbra) apresentou o relatorio “A utilização de inteligência artificial na obtenção da prova digital“; e Manuel Valente (Universidade Autónoma de Lisboa), pola súa banda, deu paso á quenda de debate despois de presentar o seu traballo “Métodos ocultos de investigação criminal: intercepção de comunicações e agente infiltrado digital“.

De esq. a dta.: Ana Gonçalves, David San Martín, Cristina Fernández Bessa

David Castro

A sesión da mañá concluíu cunha mesa de comunicacións, na que tomaron parte Ana Gonçalves (Universidade Lusófona do Porto) coa súa presentación “Inteligência artificial e a investigação penal“; David San Martín (Universidad de La Rioja), quen analizou a materia “«Más acá» del smart policing. La construcción algorítmica de la decisión policial preventiva en los protocolos VPR/VPER frente a la violencia de género“; e David Castro (ECRIM), quen sintetizou o seu artigo “Algoritmos de Valoración de Riesgo. ¿Qué hay de nuevo, viejo?“.

Anabela Rodrigues

A sesión vespertina abríuse co relatorio de Anabela Rodrigues (Universidade de Coimbra), membro do comité científico do congreso, quen disertou sobre “O Processo de Decisão na Justiça Penal – A Nova Racionalidade da Inteligência Artificial“.

Pedro Freitas

Andrea Planchadell

Tras esta última intervención plenaria, o Congreso continuou co panel titulado “A IA aplicada á toma de decisións na xustiza penal“. Nesa sesión participaron Pedro Freitas (Universidade Católica Portuguesa), coa presentación “Entre a opacidade algorítmica e a clareza humana na determinação da pena aplicável“; Pere Simón (Universidad Internacional de La Rioja), falando da “Taxonomía de las garantías jurídicas de los sistemas basados en IA“; e Andrea Planchadell (Universitat Jaume I), quen analizou a problemática “Inteligencia artificial y medidas cautelares“.

De esq. a dta.: Dyango Bonsignore, Pablo Espinosa, Cristina San Miguel, Xulio Ferreiro

Finalmente, o congreso finalizou cunha mesa de comunicacións na que interviron catro investigadoras e investigadores: Dyango Bonsignore (Universitat d’Alacant), co seu traballo ““Ceci n’est pas un juge”. Realismo jurídico versus humanismo en el debate sobre la IA judicial“; Cristina San Miguel (Universidade de Cantabria), presentando a súa investigación “Inteligencia artificial y algoritmos: ¿Hacia un proceso penal inteligente y garantista?“; Xulio Ferreiro (ECRIM, Universidade da Coruña), quen analizou a materia “La prueba generada a través de IA en los procesos penales. Implicaciones para los derechos fundamentales de las partes” e Pablo Espinosa (ECRIM, Universidade da Coruña), quen presentou a comunicación “La percepción de la toma de decisiones a través de inteligencia artificial en situaciones en las que se produce daño a las personas“.

As palabras de peche do congreso correron a cargo das membros do comité científico Patricia Faraldo (ECRIM), Anabela Rodrigues (Universidade de Coimbra) e Ana Neira (ECRIM).

De esq. a dta.: Patricia Faraldo, Ana Neira, Anabela Rodrigues

 

Entrevista a Anabela Rodrigues en La Opinión de A Coruña (11 de novembro).

Nova aparecida no xornal El Español (8 de novembro).