Fechas Importantes:

Preinscripción: de 12 de xullo/2021 a 3 de setembro/2021

Matrícula: de 8 de setembro/2021 a 15 de setembro/2021

Para accederen aos estudos propios de mestrado, o estudantado deberán reunir, cando menos, un dos seguintes requisitos:

a) Ser licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou equivalente, ou posuír unha titulación de ciclo curto.

b) Posuír un título de grao.

c) Ter superados os créditos do primeiro ciclo das actuais titulacións de dous ciclos.

d) Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes créditos estiver comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, logo da solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.

e) Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.