A criminoloxía é unha ciencia social de carácter marcadamente interdisciplinario cuxo obxecto de estudo son, por una banda, a criminalidade e a desviación social e, por otra, o control social e a penalidade. Como saber académico propio e (crecentemente) autónomo xurde en diversos lugares de Europa nas últimas décadas do s. XIX. Sen embargo, a súa consolidación prodúcese nos EUA, a finais da primeira metade do século pasado. Isto supón que se trata dun saber relativamente máis novo que moitas outras ciencias sociais, como a psicoloxía ou a socioloxía. Non obstante, a asociación académica de criminoloxía máis importante do mundo, a American Society of Criminology, creouse xa en 1941.

Como acontece en calquera outro campo do saber académico, o nivel de consolidación da criminoloxía como ciencia social varía dun país a outro. Alén do caso estadounidense xa mencionado, ao longo das últimas décadas do s. XX a criminoloxía estableceuse de xeito particularmente sólido en diversos países europeos, como Bélxica, Noruega, Países Baixos, Suecia e, aínda en moita maior medida, Reino Unido. As razóns de que a difusión da criminoloxía se producise nese momento concreto son variadas. Non obstante, entre elas se conta que a segunda metade do s. XX é unha etapa histórica ligada a un crecemento moi notable da criminalidade en todo o norte global. Xa que logo, a emerxencia da delincuencia como problema de primeira orde contribuiu en non pequena medida a que se desenvolvese unha preocupación, teórica pero tamén pragmática, polas formas de previr e reaccionar aos fenómenos de desviación e delincuencia.