Os dias 7 a 9 de setembro vai ter lugar na Facultade de Dereito o curso “O traballo sexual desde unha perspectiva de xénero, no tempo da emerxencia da industria do sexo“. O curso está organizado conxuntamente polo grupo de investigación ECRIM e a Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, e forma parte dos Cursos de Verán 2011 da Universidade.

Mais información, e matrícula: http://www.udc.es/occ/gal/2011/cveran/cursos2011/matricula2011.htm

Programa

Mércores, 7 de setembro:

16:00: Inauguración.
16:30 horas: “Aproximación á regulación da prostitución en Europa occidental, con especial atención ao Reino Unido“, Dª. Michelle Burman, University of Glasgow (Reino Unido).
18:00: “Situación presente da prostitución no contexto español“, Dª. Nanina Santos Castroviejo, especialista en materia de prostitución (Revista Andaina).

Xoves, 8 de setembro:

10:00: “Transformacións da prostitución e do traballo sexual no era da emerxencia da industria do sexo“, Dª. Dolores Juliano Corregido, Universidade de Barcelona.
11:30:  “Transformación da prostitución e do traballo sexual no tempo da inserción masiva das mulleres migrantes“, Dª. Jo Doezema, University of Sussex (Reino Unido).
13:15: Presentación de comunicacións.
16:00: “Problemática das actividades de trata de mulleres. Especial atención á situación no Leste de Europa“, Dª. Monika Platek, University of Warsaw (Polonia).
17:30: “Políticas públicas de loita contra a trata de mulleres no contexto español: luces e sombras“, Dª. Agustina Iglesias Skulj, Universidade da Coruña.
19:00: “Cuestións claves da prostitución e da trata de persoas. Aproximación ao caso andaluz“, D. Alberto Daunis Rodriguez, Universidade de Málaga.

Venres, 9 de setembro:

10:00: “Análise das políticas de criminalización da prostitución“,  Dª. Carolina Villacampa Estiarte, Universidade de Lleida.
11:30: “Situación presente da prostitución no contexto galego“, D. José López Riopedre, Doutor en Socioloxía (Lugo).
13:00: Presentación de comunicacións.
16:00: Mesa redonda sobre “Os xeitos de regulación da prostitución na práctica. Especial aproximación ao caso catalán“.

Participantes: Dª. Isabel Holgado Fernández, Antropóloga, Colectivo LICIT (Barcelona); Dª. Cristina Fernandez Bessa, Universidade de Barcelona; Dª. Ana Fabregas Martinez, Asociación Genera (Barcelona).

18:00: Debate conclusivo. Clausura do Curso.