[GAL] Unha lembranza rescatada da memoria. En outubro de 2005 celebrábase en Guayaquil (Ecuador) o XVII Congreso Latinoamericano (IX Iberoamericano e I Nacional) de Derecho penal y Criminología. Alí participou a profesora Patricia Faraldo, compañeira do ECRIM, xunto a outros reputados académicos españois e internacionais como Manuel Abanto, Manuel Cancio, Luigi Foffani, Günther Jakobs, Santiago Mir, Klaus Tiedemann e Raúl Zaffaroni, algúns deles tristemente falecidos. Aquí aparece, xunto a eles, a única académica nun plantel de case vinte relatores.