De esq. a dta.: José Antonio Ramos, David Soto, José Ángel Brandariz

O día 25 de abril celebrouse na Facultade de Dereito da Coruña unha Mesa redonda sobre a posíbel reforma do Código penal, organizada pola Asociación Cultural Lois Tobío e polo Observatorio de Dereitos Civís e Políticos “A Sentinela”. Na mesa redonda interviñeron José Antonio Ramos e José Ángel Brandariz, ambos membros do ECRIM. Tamén estaba convidado un representante do Partido Popular, que finalmente non acudiu. No decurso do acto, José Antonio Ramos fixo unha análise sobre os conxunto das reformas penais anunciadas polo goberno, facendo especial fincapé nas materias relativas ao aborto, ao grooming, á reforma da Lei de Responsabilidad Penal dos Menores, e á denominada prisión permanente revisable. José Ángel Brandariz, pola súa banda, centrouse nas reformas relativas á criminalización da protesta social no marco da crise.