Cristina Fernández-Bessa

David Soto é profesor de Dereito procesual na Universidade da Coruña (UDC). En 2019 obtivo o título de doutor en Dereito coa tese O estatuto xurídico dos árbitros no sistema CIADI -coa cualificación de sobresaínte cum laude-, durante cuxa redacción realizou estancias de investigación no Instituto Max-Planck de Dereito procesual internacional e europeo de Luxemburgo e na Corte Constitucional de Ecuador. Ten publicado varios artigos sobre arbitraxe de investimentos e unha monografía titulada O árbitro no sistema CIADI (Valencia, 2020) e tamén conta con publicacións sobre responsabilidade penal das persoas xurídicas, relacións entre tribunais constitucionais e o TXUE e Dereito probatorio, alén de máis dunha vintena de participacións en congresos nacionais e internacionais. Na actualidade, é investigador asociado nun proxecto europeo sobre cooperación xudicial penal na Unión Europea e, dende 2014, é docente de Dereito procesual na UDC.

Descargar C.V.