Posts Tagged tese doutoral

Defensa de tese doutoral de Norberto Rodrigues

Friday, January 18th, 2019

IMG_1503Norberto Rodrigues

[GAL] O luns 14 de xaneiro a Facultade de Dereito acolleu a defensa da tese de doutoramento de Norberto António Colaço da Fonseca Rodrigues, titulada “Tráfico de pessoas em Portugal: a exploraçao sexual contemporánea das mulheres” e dirixida pola compañeira do ECRIM, a profesora Luz María Puente Aba. A tese foi defendida coa máxima calificación ante un tribunal composto por Patricia Faraldo Cabana (Universidade da Coruña), Gumersindo Guinarte Cabada (Universidade de Santiago de Compostela) e Inma Valeije Álvarez (Universidade de Vigo).

IMG_1509

De esq. a dta.: Gumersindo Guinarte, Patricia Faraldo, Inma Valeije

La pena de trabajos en beneficio de la comunidad: Defensa da tese de José Manuel Tenreiro

Monday, February 18th, 2013

DSC00825

José Manuel Tenreiro

O venres 15 de febreiro tivo lugar na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña a leitura e defensa da tese doutoral de José Manuel Tenreiro Martínez, dirixida polo investigador do ECRIM, José Ángel Brandariz García.

A tese de José Manuel Tenreiro, coa que obtivo o grao de Doutor en Dereito pola UDC, versou sobre “La sanción penal de trabajos en beneficio de la comunidad“. A tese foi defendida ante un tribunal presidido polo Prof. Carlos Martínez-Buján Pérez (ECRIM, Universidade da Coruña), e integrado polos Profs. Patricia Faraldo Cabana (ECRIM, Universidade da Coruña), Pedro Nunes Caeiro (Universidade de Coimbra, Portugal), Elena Núñez Castaño (Universidade de Sevilla) e Eduardo Ramón Ribas (Universidade das Illas Baleares). Tras o acto de leitura, o tribunal cualificou a tese como apto cum laude por unanimidade.

DSC00828

De esqda. a dta.: Elena Núñez, Patricia Faraldo, Carlos Martínez-Buján, Pedro Caeiro, Eduardo Ramón