Posts Tagged TEDH

A doutrina Parot, tras a sentenza do TEDH: Mesa redonda

Friday, January 31st, 2014

IMG_2117

De esq. a dta.: Julián Sánchez Melgar, Marisa Cuerda, José Manuel Busto, Francisco Javier Borrego, Agustín Pérez-Cruz

[GAL] O día 28 de xaneiro a Facultade de Dereito da Coruña contou cunha mesa redonda de debate sobre “A doutrina Parot, tras a sentenza do TEDH“, orientada a discutir sobre a doutrina sentada pola sentenza do Tribunal Supremo 197/2006, tras a recente declaración como vulneradora do CEDH por medio da resolución Del Río v. Spain do TEDH. A mesa redonda, organizada pola Área de Dereito procesual da Universidade da Coruña e polo ECRIM, contou coas ponencias de Julián Sánchez Melgar, maxistrado do Tribunal Supremo e ponente da STS 197/2006, Marisa Cuerda Arnau, catedrática de dereito penal da Universitat Jaume I de Castelló, e Francisco Javier Borrego, abogado do Estado e outrora maxistrado do TEDH.

IMG_2120

De esq. a dta.: Julián Sánchez Melgar, Marisa Cuerda, José Manuel Busto