Posts Tagged delitos urbanísticos

Xornadas sobre o control da actuación administrativa das entidades locais

Monday, September 17th, 2018

Programa-Catedra-DLUDC-control-local-def-1-001Programa-Catedra-DLUDC-control-local-def-1-002

 

[GAL] Os vindeiros 4 e 5 de outubro celebraránse na Facultade de Dereito da Coruña as Xornadas sobre o control da actuación administrativa das entidades locais: entre a resposta penal e a administrativa, coorganizadas polo ECRIM e a Cátedra de Dereito Local da Universidade da Coruña.

Dirección      

Patricia Faraldo Cabana

Luz María Puente Aba

Carlos A. Amoedo Souto

Carlos I Aymerich Cano

Finalidade e Obxectivos da Xornada

As entidades locais están permanentemente baixo o foco da atención pública. Elas son as administracions públicas máis achegadas aos cidadáns, pero tamén as máis vulnerables a distintas patoloxías: insuficiencia de persoal e de recursos, extensas competencias, capturas regulatorias, corrupción…

Daí que proliferen distintos sistemas de control destinados a garantir a súa legalidade. Están ben deseñados estes sistemas? Responden correctamente as expectativas que neles se depositan?

Estas xornadas tratan de repasar, actualizar e problematizar as relacións xurídicas entre os sistemas penal e administrativo de control da Administración local. A tal efecto, diversos especialistas do Dereito Penal e Administrativo analizarán o estado da cuestión, profundizando en campos como o da contratación, o urbanismo, a protección do medio ambiente ou o fraude de subvencións.

Darase un certificado de asistencia a quen o solicite (catedradereitolocal@udc.gal)

PROGRAMA

Xoves, día 4 de outubro do 2018

 9:30 horas: Presentación e Inauguración da Xornada.

Directores da Xornada  e Presidente da Deputación da Coruña

10:00-12:00: O CONTROL DA ACTUACIÓN ADMINISTRATIVA NO ÁMBITO LOCAL: CUESTIÓNS XERAIS

Norberto de la Mata Barranco. Catedrático de Dereito Penal na Universidad del País Vasco. “O control da actuación administrativa no ámbito local: cuestións xerais”.

José Luis González Cussac. Catedrático de Dereito Penal na Universidad de Valencia. “A corrupción no ámbito local: análise da prevaricación administrativa”.

Inés Olaizola Nogales. Catedrática de Dereito Penal na Universidad Pública de Navarra. “A corrupción no ámbito local: análise do delito de suborno”.

 12:30 horas: O CONTROL DO URBANISMO E A PROTECCIÓN  DO MEDIO AMBIENTE

 Alejandro Huergo Lora. Catedrático de Dereito Administrativo Universidade de Oviedo. “Sancións e outras medidas administrativas de reacción fronte á ilegalidade urbanística e ambiental”.

Teresa Nieto Freire, arquitecta facultativa da Xunta de Galicia. “A problemática da disciplina urbanística e patrimonial en Galicia. Unha visión desde a práctica”.

Ascensión García Ruiz. Profesora axudante doutora de Dereito Penal da UNED. “Corrupción e prevaricación administrativa no contexto ambiental. A complexidade de conxugar a discrecionalidade técnica cas políticas de desenvolvemento sustentable”.

16:00-18:00 horas: O CONTROL DA CONTRATACIÓN PÚBLICA

Carlos I. Aymerich Cano. Profesor Titular de Dereito Administrativo e secretario xeral da UDC. “O control da contratación pública ilícita pola xurisdición penal”

Carlos Coello Martín. Maxistrado do xulgado contencioso-administrativo nº 1 de Vitoria-Gasteiz. “O control da contratación das entidades locais na xurisprudencia contencioso-administrativa”.

Irene Navarro Frías. Profesora contratada doutora interina de Dereito Mercantil. Universidade da Laguna. “A responsabilidade dos administradores de sociedades mercantís públicas”.

Inma Valeije Alvarez. Profesora titular de Dereito Penal na Universidade de Vigo. “O laberinto da responsabilidade penal dos entes públicos empresariais”.

 Vernes, día 5 de outubro do 2018

 10:00-12:00 horas: FASEDADES E DESVIACIÓNS DE PODER NO ÁMBITO LOCAL

 María Acale Sánchez. Catedrática de Dereito Penal da Universidade de Cádiz. “A corrupción urbanística no ámbito municipal

Eva María Souto García. Profesora contratada doutora interina de Dereito Penal da UDC. “O delito de fraude de subvencións: algunhas cuestións problemáticas

Alejandro de Pablo Serrano. Investigador Postdoutoral “Juan de la Cierva”, no Instituto de Derecho Penal Europeo e Internacional da Universidad de Castilla La Mancha. “Corrupción medioambiental a cargo de empresas multinacionales”.

 12:30-14:00. AS CONSECUENCIAS XURÍDICAS DOS DELITOS E INFRACCIÓNS

 Luz María Puente Aba. Profesora titular de Dereito Penal da UDC. “A función das inhabilitacións no marco dos delitos de corrupción”.

Ana María Neira Pena. Profesora axudante doutora de Dereito Procesual da UDC. ““Public compliance. A prevención da corrupción na Administración pública”.

Antonio Roma Valdés. Fiscal. “Os decomisos ampliados e a súa persecución internacional”.