Posts Tagged Brasil

Estadía da profesora Clara Masiero

Monday, January 30th, 2017

IMG_20170127_161146_2

 

[GAL] Na última semana de xaneiro, o ECRIM ten acollido na Facultade de Dereito da Coruña a estadía de Clara Masiero, doutoranda en Dereito penal da UNISINOS (Rio Grande do Sul, Brasil) e profesora de Dereito penal da Universidade Paulista (São Paulo, Brasil) e das Faculdades Integradas Campos Salles (São Paulo, Brasil). A investigadora brasileira desenvolveu a súa estadía no marco da realización da súa tese doutoral, sobre “Lutas sociais e políticas criminais: o tratamento penal dos conflitos sociais gerados pela discriminação no Brasil“.

Seminario internacional sobre Xustiza Restaurativa

Monday, April 28th, 2014

[GAL] O xoves 24 de abril o ECRIM organizou un Seminario internacional sobre Xustiza Restaurativa na Faculdade de Dereito da Coruña.

IMG_2199

Daniel Achutti

O Seminario iniciouse coa ponencia presentada por Daniel Achutti, Doutor en Dereito pola Universidad de Leuven (Bélxica) e profesor da UniLassalle (Canoas, Rio Grande do Sul, Brasil), quen disertou sobre “Justtiça restaurativa e criminologia crítica no caso brasileiro“, reflexionando sobre o inserimento de propostas semellantes á xustiza restaurativa no pensamento de autores abolicionistas como Louk Hulsman ou Nils Christie.

IMG_2203

De esq. a dta.: Raffaella Pallamolla, Daniel Achutti

Posteriormente o debate se centrou nas experiencias de xustiza restaurativa postas en marcha en Brasil. O tema foi abordado por Raffaella Pallamolla, Mestre pola PUCRS (Rio Grande do Sul, Brasil) e doutoranda da Universidade Autónoma de Barcelona, que presentou a ponencia “Teoria e práctica da justiça restaurativa no Brasil“. Na súa ponencia, a investigadora brasileira salientou os logros, pero sobre todo os limites, da xustiza restaurativa na súa aplicación práctica.

IMG_2213

De esq. a dta.: Xulio Ferreiro, Beatriz Cruz, Luz María Puente

Posteriormente, e antes de dar inicio ao debate entre os profesores e investigadores participantes, Xulio Ferreiro, profesor de dereito procesual da Universidade da Coruña, e membro do ECRIM, oficiou de respondent, abrindo o debate cunha reflexión sobre as potencialidades e os límites da xustiza restaurativa.

Penas e medidas privativas de liberdade no Brasil: Ponencias de Salo de Carvalho e Mariana Weigert

Tuesday, February 18th, 2014

IMG_2183

De esq. a dta.: Beatriz Cruz, Salo de Carvalho

[GAL] O luns 17 de febreiro a Facultade de Dereito da Coruña acolleu senllas ponencias sobre a situación penitenciaria en Brasil, organizadas polo ECRIM no marco do traballo de Dereito penitenciario.

En primeiro lugar, Salo de Carvalho, profesor da Universidade Federal de Rio Grande do Sul e da Universidade Federal de Santa Maria (Rio Grande do Sul, Brasil), presentou unha ponencia sobre “Aplicación y ejecución de las penas privativas de libertad y restrictivas de derechos en Brasil“. Nela, o profesor gaucho analizou a situación penitenciaria en Brasil, así como os seus principais problemas desde unha perspectiva de dignidade e dereitos humanos das persoas presas.

En segundo lugar, Mariana Weigert, profesora da UniRitter (Rio Grande do Sul, Brasil), presentou unha ponencia sobre “Aplicación y ejecución de las medidas de seguridad de internamiento y tratamiento ambulatorio en Brasil“, na que disertou sobre os problemas de aplicación, límites e lexitimidade desas medidas de seguridade, en especial da de internamento psiquiátrico para inculpables.

IMG_2191

Mariana Weigert

Problemas dos delitos de branqueo: Conferencia de André Callegari

Friday, February 7th, 2014

IMG_2127

André Callegari

[GAL] O dia 6 de febreiro a Facultade de Dereito da Coruña acolleu unha conferencia de André Callegari, profesor de Dereito penal da Unisinos de Porto Alegre (Río Grande do Sul, Brasil), sobre Problemas de los delitos de blanqueo: Análisis comparativo de la situación brasileña y española, organizada polo ECRIM. A ponencia encadrouse no desenvolvemento do módulo “Ilícitos empresariais” do Mestrado Oficial en Asesoramento Xurídico-Empresarial (MAXE) da Universidade da Coruña, e nela o profesor brasileiro atravesou críticamente as cuestións mais salientables que plantexan a regulación e a persecución dos delitos de branqueo, desde a reflexión comparativa entre a realidadade española e a brasileira.

IMG_2129

Medios de comunicación y tratamiento de temas penales: Conferencia del Dr. Luiz Peres-Neto

Thursday, October 10th, 2013

IMG_1878

Luiz Peres-Neto

IMG_1884

Luiz Peres-Neto

El 25 de septiembre visitó la Facultad de Derecho de la Universidad de A Coruña el Dr. Luiz Peres-Neto, profesor de la Escola Superior de Propaganda e Marketing (ESPM) de São Paulo (Brasil), invitado por el ECRIM. El profesor brasileño pronunció una conferencia sobre “Medios de comunicación y tratamiento de temas penales”, en la que analizó la información sobre los casos delictivos por parte de los medios de comunicación masiva, con especial atención a diversos hechos de la historia reciente española.

O delito de branqueo de bens en Brasil e en España: Palestra do Dr. Flávio Siqueira

Tuesday, May 10th, 2011

Flávio Siqueira

De esq. a dta.: Patricia Faraldo, Flávio Siqueira

O luns 9 de maio o Dr. Flávio Sgrilli Siqueira, profesor de Dereito penal das Faculdades Integradas Libertas (Brasil), fixo unha ponencia na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, organizada polo grupo de investigación ECRIM, sobre “O delito de branqueo de bens en Brasil e en España”. O Dr. Siqueira analisou os problemas, normativos e prácticos, cos que se atopa a persecución dos comportamentos de branqueo de bens no Brasil, e suxeriu algunhas solucións que a regulación española na materia pode aportar.