Cristina Fernández-Bessa

Beatriz Cruz é profesora de dereito penal e criminoloxía na Universidade de Cádiz, España. En 2015 foi profesora invitada no Institut für Kriminalwissenschaften da Westfälischen Wilhems-Universität Münster no marco do Programa MOVE do DAAD. Na actualidade participa en proxectos de investigación relativos á prevención dos feminicidios no contexto de parella (UNIOVI), á análise xurídico penal e criminolóxica do acoso laboral xerado na universidade (UCA), ás manifestacións da desigualdade no actual sistema de xustiza penal (UAL) e aos dereitos e garantías das persoas vulnerables no Estado de benestar (UCA). As súas investigacións dos últimos anos céntranse no tratamento da sexualidade e da liberdade sexual desde instrumentos xurídico penais e criminolóxicos, desde unha perspectiva de xénero e con especial atención á prostitución, á inclusión das identidades trans na xustiza penal e á configuración dos delitos contra a indemnidade sexual de menores e adolescentes.

Descargar C.V.