Sheila Fernández Míguez é investigadora en dereito penal e criminoloxía desde unha perspectiva feminista e decolonial. Actualmente é integrante do Equipo de Investigación Criminalidade, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI (ECRIM) da Universidade da Coruña e investigadora asociada no Arnold Bergestraesser Institut da Universidade de Friburgo (Alemaña). A súa carreira profesional desenvolvese entre Europa e América Latina, especialmente Chile, país no que realizou a súa tese de doutoramento e onde se sitúan preferentemente as súas investigacións, que teñen por obxecto a análise das discriminación que causa o sistema de xustiza occidental nas mulleres indíxenas, mais concretamente as mulleres mapuche cando son sobreviventes de violencias patriarcais. As últimas publicacións de Sheila Fernández Míguez son: o capítulo escrito xunto a Iría Vázquez Silva “Se é Machista, non é xustiza” publicado no libro Cómplices. A violencia machista institucional, (2020) pp 53-102, da Editorial Galaxia. E o artigo escrito xunto a Juan Jorge Faundes Peñafiel (2019) “Emergencia de las mujeres indígenas. Debates sobre género, etnicidad e identidad cultural”, publicado na Revista de Derechoo y Ciencia Política. Universidade Católica de Temuco, 10 (2) pp. 53-96.

Descargar C.V.