September, 2011

Transición a la democracia y política penal en Argentina: ponencia de Máximo Sozzo

Thursday, September 15th, 2011

De izqda. a dcha.: Luz María Puente, Máximo Sozzo

El día 14 de septiembre, en el marco del Seminario internacional de investigación en cuestiones penales, el ECRIM organizó una ponencia del Prof. Máximo Sozzo, Catedrático de Criminología de la Universidad Nacional del Litoral (Santa Fe, Argentina). Máximo Sozzo presentó una ponencia sobre “Transición a la democracia y política penal en Argentina“, que constituye uno de los trabajos que ha realizado durante su estancia como Fellow en The Straus Institute for the advanced study of Law & Justice de la New York University (EE.UU.). En la ponencia, el Prof. Sozzo analiza cuáles han sido los factores, fundamentales políticos, que explican el hecho de que Argentina evitase la consolidación de un populismo punitivo durante los tres primeros lustros de su transición democrática, revisando la aplicabilidad al contexto latinoamericano de tesis desarrolladas en el ámbito anglosajón.

Curso sobre traballo sexual, desde unha perspectiva de xénero

Sunday, September 11th, 2011

Entre os días 7 e 9 de setembro celebrouse na Facultade de Dereito da UDC o seminario “O traballo sexual desde unha perspectiva de xénero, no tempo da emerxencia da industria do sexo“. O seminario, organizado polo grupo de investigación ECRIM en colaboración coa Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, formou parte dos cursos de verán oficiais da Universidade.

O seminario, continuación dun primeiro Curso sobre Novos Feminismos organizado pola OIX da UDC en setembro de 2010, pretendeu aproximarse á complexidade presente do traballo sexual no marco de varias cuestións que definen a súa contemporaneidade: a loita contra a trata para fins de explotación sexual como obxectivo principal das actuais políticas en materia de xénero, a consolidación dunha maioría de migrantes (sen ou con papeis) entre as traballadoras sexuais, e a expansión dunha industria do sexo na que a mercadoría sexual diversifica os seus produtos, materiais e inmateriais.

De esq. a dta.: José Ángel Brandariz, Michele Burman

De esq. a dta.: José Ángel Brandariz, Nanina Santos

Mércores, 7 de setembro

A primeira sesión do seminario se abriu coa intervención de Michele Burman, da Universidade de Glasgow (Escocia), e codirectora do The Scottish Centre for Crime & Justice Research. A profesora escocesa presentou a ponencia “Aproximación á regulación da prostitución en Europa occidental, con especial atención ao Reino Unido“.

Posteriormente interviu Nanina Santos Castroviejo, recoñecida militante feminista e integrante da Revista Andaina (Vigo). Nanina Santos complementou a intervención precedente, cunha ponencia sobre “Situación presente da prostitución no contexto español“.

De esq. a dta.: Laura Oso, Dolores Juliano


Monika Platek

De esq. a dta.: Luz María Puente, Agustina Iglesias

De esq. a dta.: Alberto Daunis, Agustina Iglesias

Xoves, 8 de setembro

A segunda sesión do seminario abriuse coa intervención de Dolores Juliano, coñecida antropóloga e especialista na materia. A hoxe profesora retirada da Universidade de Barcelona disertou sobre “Transformacións da prostitución e do traballo sexual na era da emerxencia da industria do sexo“.

A continuación tomou a palabra outra convidada internacional: Monika Platek, da Universidade de Varsovia (Polonia). A profesora polaca contemplou a materia desde un contexto xeográfico ben diferente aos anteriores, na súa ponencia “Problemática das actividades de trata de mulleres. Especial atención á situación no Leste de Europa“.

Tamén dentro da sesión de tarde, Agustina Iglesias Skulj, da Universidade da Coruña (ECRIM) retornou ao contexto mais propiamente español, intentando deslindar as confusións que frecuentemente se establecen nas políticas públicas entre trata e tráfico, e entre trata e prostitución, na súa ponencia “Políticas públicas de loita contra a trata de mulleres no contexto español: luces e sombras“.

A sesión se pechou coa intervención de Alberto Daunis Rodríguez, da Universidade de Málaga, que realizou unha aproximación mais empírica á situación do traballo sexual. No seu caso, presentou a ponencia “Cuestións claves da prostitución e da trata de persoas. Aproximación ao caso andaluz“.

De esq. a dta.: Eva María Souto, José López Riopedre

No centro da imaxe, de esq. a dta.: Cristina Fernández Bessa, José Antonio Ramos, Ana Fábregas

De esq. a dta.: Cristina Fernández Bessa, José Antonio Ramos

Venres, 9 de setembro

A última sesión do seminario iniciouse coa intervención de Carolina Villacampa Estiarte, da Universidade de Lleida. A súa ponencia, titulada “Análise das políticas de criminalización da prostitución“, supuxo un novo punto de vista na aproximación ás políticas públicas actualmente desenvolvidas polo goberno español na materia.

A seguinte intervención correu a cargo de José López Riopedre, avogado e Doutor en Socioloxia. Dentro das intervencións que tiveron como foco de interese a análise empírica da realidade do traballo sexual, o Dr. López Riopedre presentou os resultados do seu traballo na ponencia “Situación actual da prostitución no contexto galego“.

O seminario concluiu cunha mesa redonda, tamén dedicada sustancialmente á aproximación empírica ao fenómeno. Na mesa redonda, titulada “Xeitos de regulación da prostitución na práctica. Aproximación ao caso catalán” interviron Cristina Fenández Bessa, investigadora do OSPDH da Universidade de Barcelona, e Ana Fábregas Martínez, integrante da Asociación Genera (Barcelona).