February, 2011

Ponencia del Dr. Álvaro Rodríguez Céspedes

Wednesday, February 23rd, 2011

De izda. a dcha.: Álvaro Rodríguez, José Antonio Ramos

Álvaro Rodríguez

El lunes 21 de febrero, Álvaro Rodríguez Céspedes (Álvaro Garreaud), Doctor en Antropología Social por la Universidad de Barcelona y Marie Curie Fellow en el Max-Planck-Institut für ausländisches und internationales Strafrecht de Freiburg i. Br. (Alemania) impartió en la Facultad de Derecho de A Coruña una ponencia sobre “Aproximación antropológica a la prisión“.

Toma de posesión de la Profª. Patricia Faraldo

Thursday, February 10th, 2011

La Profª. Patricia Faraldo, acompañada del Rector de la Universidad de A Coruña, el Prof. José María Barja

El miércoles, 9 de febrero, la Profª. Drª. Patricia Faraldo Cabana tomó posesión como nueva Catedrática de Derecho penal de la Universidad de A Coruña, tras superar durante 2010 la habilitación para el cuerpo de catedráticas de universidad y, posteriormente, el concurso-oposición para la plaza de Catedrática de Derecho penal de la Universidad de A Coruña.

Entrevista ao Prof. Dr. Eugenio Raúl Zaffaroni

Thursday, February 10th, 2011

Entrevista ao Prof. Dr. Dr.h.c.mult. Eugenio Raúl Zaffaroni, realizada con ocasión da súa estadía no Congreso de Dereito Penal Internacional e Memória Histórica, e publicada en U+S, revista da Universidade da Coruña (nº 7, febreiro 2011).

Eugenio Raúl Zaffaroni

Quince veces doutor honoris causa e ministro da Corte Suprema de Xustiza da Arxentina

O único que pode pechar as vellas feridas do pasado é a verdade

Por Carmina Escrigas

Eugenio Raúl Zaffaroni é un dos xuristas máis prestixiosos do panorama internacional e moi prezado na Arxentina polo seu papel na nulidade das leis de punto final e obediencia debida. Foi un dos catedráticos invitados a participaren no Congreso de Dereito Penal Internacional e Memoria Histórica organizado na Facultade de Dereito pola área de Dereito Penal da UDC.

A nulidade das leis arxentinas de punto final e obediencia debida que decretou supuxo un antes e un despois para o país. De feito din de vostede que iluminou o dereito penal na Arxentina.

A anulación das leis de punto final e obediencia debida foi previamente decidida por algunhas instancias inferiores e por último pola Corte Suprema. Na opinión da maioría da Corte Suprema predominou o dereito internacional, e en consecuencia removéronse todos os obstáculos conforme á xurisprudencia da Corte Interamericana. A partir de aí reabríronse todas as causas até o punto de que hoxe temos unhas 700 persoas procesadas e 140 con sentenza. Desas 700 persoas unhas 350 xa están en condicións de ir a xuízo oral.

Que podemos aprender os españois deste proceso?

En primeiro lugar, creo que é un pouco lamentable o que está a suceder co xuíz Garzón. Alén de que se poida coincidir ou non coa súa sentenza, someter un xuíz a responsabilidade penal por criterios xurídicos con clareza discutibles é absolutamente inaceptable. Penso que non é motivo para considerar delituosa a conduta.

Que lle parece a Lei da memoria histórica española?

En liñas xerais paréceme bastante limitada. Creo que en principio España está nunha situación bastante diferente á nosa. A maior parte dos responsables de crimes de lesa humanidade están mortos, de modo que non vexo cal é a razón práctica para non abrir amplamente o debate acerca de todo. Non vexo por que poñerlle obstáculos á verdade. O caso podería asemellarse ao de Turquía, coa diferenza de que alí o presunto responsable aparece como heroe nacional, o que no ocorre no caso español. Por iso non entendo o motivo de tantas voltas, paréceme que é un prexuízo que España ten que sacar de encima e pechar o asunto.

En España existen dúas opinións, a dos que apostan por deixar todo como está e a dos que desexan recuperar a memoria das persoas represaliadas. Considera xustificado apelar á dor que supón abrir vellas feridas para non revisar o ocorrido?

En absoluto. Eu creo que o único que pecha vellas feridas é a verdade. E para iso hai que discutir e revisalo todo. Iso pecha a ferida definitivamente.

A que responsables de xenocidios e delitos de lesa humanidade cre que xamais veremos no banco dos acusados?

Non sei se a Bush, aínda que non estou seguro de que non vaia ser xulgado. É que o poder punitivo, polo feito de se internacionalizar, non perde a súa esencia selectiva. Por que Pinochet puido estar no límite cando xa non servía? Pode ser que Bush mañá tampouco sirva. Normalmente ao cárcere van os parvos, mais de cando en vez vai algún listo. E normalmente é porque pelexou con outro listo e perdeu, e daquela quedou sen cobertura. Iso é o que pasa no dereito penal interno e é o que pode pasar no dereito penal internacional. De modo que teño a impresión de que Bush non irá ao cárcere, ora ben, non podo garantilo.

Tamén foi recoñecido o seu importantísimo labor como docente e investigador. De feito, a súa obra Dereito penal revolucionou esta disciplina e acadou a cima de vendas e de uso en universidades latinoamericanas nun tempo récord.

Simplemente o que fixen, como investigador, foi deixar de considerar calquera posibilidade de lexitimar o poder punitivo e, pola contra, lexitimar o dereito penal tanto no ámbito interno como no do dereito internacional humanitario. Digamos que non lexitimo a guerra, senón a contención da guerra, co cal non me preocupo máis en preguntarme para que serven as penas. O que sei é que teño que conter o poder punitivo para que non se descontrole, porque cando iso ocorre pode facer desaparecer o estado de dereito e mesmo provocar o xenocidio. De modo que así chego á conclusión de que o dereito penal sería preventivo de calquera clase de xenocidio, o cal é unha función sumamente digna.

Tamén foi destacada a súa militancia política. Pensa en volver algunha vez á política activa?

De momento non, mais na Arxentina é tan imprevisible todo que nunca se sabe. O que si teño claramente decidido é  que non volverei a un cargo de xestión. Nalgún momento non descarto poder volver á actividade lexislativa.

Como cualifica o escenario que deixou na Arxentina o falecemento de Néstor Kirchner?

O panorama político mudou bastante, evidentemente con isto nace un mito e creo que desconcertou bastante un sector da oposición. Na actualidade fortalece a posición da presidenta e, en liñas xerais, non vexo un risco de crise política no medio prazo. É obvio que a oposición está fundamentalmente encabezada polo Grupo Clarín, polo que ten oligopolizado un sector dos medios; mais aínda así está moi fragmentada, o cal é un risco para o sistema, porque neutraliza as alternativas e isto sempre é perigoso.